miércoles, 24 de agosto de 2011

ruta

Ruta de cicloturismo trazado Mugardos - O Seixo

Saída da Casa do Reloxo no peirao de Mugardos, próximo ao punto de atraque da Lancha que fai o percorrido de Mugardos a Ferrol.

Percórrese o paseo dirección Cantón de Cora desde onde se ascende á Avenida de Galiza cara ao lugar do Penedo, pola estrada do Seixo.

Séguese esta estrada paralela á ría ata chegar ao Seixo, pobo pequeno e fermoso que conta cun embarcadoiro e unha arquitectura mariñeira propia da zona.

Deste lugar continuamos cara a igrexa de Franza e dirixímonos cara a estrada L-122, que cruzamos cara a capela da Ascensión xa na Parroquia de San Xoán de Piñeiro.

Neste tramo existen numerosas arboredas que fan moi agradable o paseo no verán.

Desde este lugar dirixímonos cara a Seselle, e aos 300 m. tomamos a estrada de servizo paralela á vía rápida de Mugardos–Fene, que nos deixa na rotonda de Franza, desde a que imos á igrexa de San Vitorio.

Chegado a este punto dirixímonos aos lugares de Rilo, Areosa e os Casás para descender á igrexa de San Vicente de Meá e volver ao peirao de Mugardos pola rúa Contramaestre Casado, pasando polas Casas Baratas, o Campo dos Carneiros e baixada á Casa do Reloxo.

Este percorrido acada os 12 km. sendo na súa meirande parte zonas interiores do concello. Os tramos son todos transitable e acaídas para circular en bicicleta.